Valoración:
Lunes , 16-11-09
A Consellería de Cultura e Turismo inaugurará mañá por primeira vez en España unha exposición da fotógrafa suíza afincada en París, Sabine Weiss, que permanecerá aberta ó público ata o próximo 15 de febreiro. A mostra «O home e as súas crenzas», que acollerá o Museo das Peregrinacións de Santiago en colaboración coa empresa cultural di CHromA, toma relevancia tendo en conta que a autora é considerada grande mestra da fotografía humanista.
Nesta ocasión, amosa o momento transcendental do diálogo entre a persoa e a divindade a través de 60 imaxes en branco e negro. Unha escolma das mellores imaxes realizadas por Sabine Weiss sobre o tema da relixión, a fe e a expresión e o comportamento humano ante as deidades.
O resultado é froito de varias décadas de traballo realizado en localizacións de todo o mundo, onde Weiss busca o significado de Deus, non tanto na súa forma divina como na súa representación máis próxima e sobre todo a súa faceta máis humana. A fotógrafa Sabine Weiss xira a súa cámara cara o home que reza, o que comulga, o que medita e cara eses ambientes onde se realiza esa actitude comunicativa que va máis aló, ben sexan catedrais, Cristos ou aeroportos.
Nuevo Depósito AZUL 15. 3,25% TAE a 15 meses. iBanesto da más.
Valoración:

Enviar a:

¿qué es esto?


Más noticias sobre...
Facebook ABC.es
ABC.es on Facebook