última hora
El Eurogrupo cancela su reunión del miércoles porque Grecia no ha presentado toda la documentación
Valoración:
Viernes, 26-06-09
A Aula de Cultura de Caixa Galicia na cidade de Santiago acolleu onte a celebración da I Xornada Internacional de Coaching, un sistema de dirección, formación e mellora do rendemento profesional de individuos e equipos. A iniciativa foi promovida pola asociación Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña (AJE-Marineda), e contou co patrocinio do Igape, o Concello de Santiago de Compostela e Caixa Galicia.
As ponencias comezaron co epígrafe «Coaching, rendemento mental e cohesión do equipo», cunha intervención de Joaquín Dosil, coach da entidade QCoach Desarrollo Directivo e profesional de prestixio no ámbito deportivo (é coñecido polo seu traballo xunto a Miguel Ángel Lotina, entrenador do Real Club Deportivo de La Coruña, ou Fernando Lorenzo, piloto de MotoGP).
Un autor de prestixio internacional, Joseph O´Connor, pronunciou a continuación a que sería a súa primeira intervención da xornada, coa conferencia «Crear organizacións de éxito onde todos queiramos traballar» no segundo apartado da orde do día. O´Connor é autor de supervendas sobre a materia e fundador da International Coaching Community. A última disertación da mañá, enfocada ao ámbito da pequena e mediana empresa, chegou da man de José Manuel Iglesias, director xeral da compañía de xoguetes Galopín.
Pola tarde, a primera das sesións destinouse ao proceso de negociación. «Xerar alternativas e concretar acordos» foi o título desta intervención, da man de Daniel Álvarez, coach da entidade QCoach Desarrollo Directivo e profesional en excedencia do banco BBVA. «Casos de éxito empresarial a partir do novo estilo de dirección» acubillou a segunda intervención de Joseph O´Connor, que avaliou o estado do «coaching» no mundo. A xornada finalizou coa mesa redonda «¿Como funcionan os equipos dirixidos mediante coaching?».
Nuevo Depósito AZUL 15. 3,25% TAE a 15 meses. iBanesto da más.
Valoración:

Enviar a:

¿qué es esto?


Más noticias sobre...
Facebook ABC.es
ABC.es on Facebook