Hazte premium Hazte premium

National Geographic viaxa por dous mil quilómetros do Camiño de Peregrinacións

R. D. G.

SANTIAGO. Poucas cousas lle quedan a National Geographic Channel por explorar e unha delas era o Camiño de Santiago. A canle de televisión puxo fin a esta débeda coa produción dunha serie documental que recupera o espírito dos peregrinos medievais e realiza o percorrido completo da Ruta Xacobea, desde Haarlem, en Holanda, ata a Catedral de Compostela.

O resultado é «No Camiño de Santiago», seis entregas de media hora de duración, que estarán en antena os mércores 13, 22 e 27 de maio, ás 22.15 horas, en formato de dobre episodio. Desde o século XII ata a actualidade, o Camiño de Santiago captou a atención de viaxeiros e peregrinos de moi distintas procedencias, que se embarcaron na aventura de realizar a pé todo ou unha parte del.

A serie non só recupera a tradición máis antiga e respecta a integridad do percorrido, senón que o fai seguindo as indicacións do Codex Calixtinus. En total, máis de 2.000 quilómetros por cidades, pobos e paisaxes de Europa.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación