Jueves, 26-02-09
R. S. C.
SANTIAGO. A sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda acollerá a presentación dunha carpeta de homenaxe á figura do mestre e pintor coruñés Urbano Lugrís no centenario do seu nacemento. «Áncora do alén» é a denominación deste traballo colectivo, que reúne obras de catorce artistas plásticos e un poeta. Os traballos, realizados para a ocasión, serán expostos na sede da asociación, con entrada libre.
A serie de homenaxe a Lugrís contén poemas de Ramiro Torres e obras de Sebas Anxo, Nacho Baamonde, Manoel Bonabal, Branda, Roberto Castro, Sindo Cerviño, Carmen Cierto, Inma Doval, Víctor Espiñeira, Rubén Fenice, Omar Kessel, Nando Lestón, Karlom López e Manuel Silvestre.
«Áncora do alén» poderá ser visitada na sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda ata o próximo 26 de marzo, de luns a venres, 16.30 a 20.30 horas. Os sábados e domingos a exposición permanecerá pechada. Con motivo da exposición celebrarase unha charla impartida por Nacho Baamonde, coordinador desta carpeta de homenaxe, titulada «Lugrís, Pintor, Creador». Trátase dunha achega á súa obra descoñecida, que poderá escoitarse o xoves 12 de marzo, ás 20.00 horas, na sede da asociación.

Enviar a:

¿qué es esto?


Más noticias sobre...