Domingo, 08-02-09
Política Lingüística presentou a exposición itinerante «As nosas palabras, os nosos mundos». Trátase dunha mostra sobre a diversidade lingüística e a lingua galega que se poderá visitar no Real Alcázar de Sevilla ata o vindeiro 1 de marzo. Na súa intervención, Marisol López destacou que é o grande ben compartido do Estado.

