Valoración:
Jueves, 22-01-09
ABC
SANTIAGO. O xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, presentou en Compostela a terceira edición do anuario Creatividade Galega. Esta publicación recolle máis dun milleiro de traballos desenvolvidos ao longo do ano pasado por máis de 80 das mellores axencias de publicidade galegas así como das escolas de deseño e facultades do gremio. No acto, ao que asistiron representantes das empresas participantes no anuario, estiveron tamén os seus autores, os investigadores e profesores da Universidade de Vigo Eva Quintas, Chechu Pérez e Alberto Dafonte.
Segundo indicou Xabier Ignacio Louzao, esta publicación nace coa idea de dar visibilidade ás creadoras e aos creadores galegos nun momento no que o seu traballo está sendo recoñecido tanto no noso país como no Estado. O xerente de Galicia Calidade, entidade responsable da edición de Creatividade Galega, destacou a importancia que ten para as empresas galegas posicionar os seus produtos nos mercados exteriores e ir así confeccionando un tecido no que a industria, baseada no desenvolvemento e na innovación, sexa un piar fundamental na economía do noso país.
Ademais, sinalou que nunha época de globalización e internacionalización é preciso reforzar e reafirmar a imaxe de marca de Galicia. Tan importante é mirar cara a fóra como ao interior. É con esta idea coa que nace Creatividade Galega, que nesta terceira edición pretende facer unha recompilación dos traballos realizados por publicistas e deseñadores galegos co fin de por en valor a súa produción.
Louzao quixo tamén resaltar o momento especial que viven a creatividade e a innovación, converténdose na actualidade en forzas impulsoras da nosa economía e sociedade. Ao seu xuízo, no mundo globalizado o futuro apoiase na capacidade de crear e tamén na de crear identidade propia. Polo tanto, as sociedades necesitan consolidar o seu capital creativo, resumiu.
Valoración:

Enviar a:

¿qué es esto?


Más noticias sobre...