Hazte premium Hazte premium

Oito de cada dez galegos opina que a administración da xustiza vai moi lenta

ABC

SANTIAGO. Oito de cada dez galegos e galegas opina que a administración da Xustiza «vai moi lenta» na resolución dos procesos, segundo revela a enquisa elaborada polo Movemento polos Dereitos Civís, que presentou o voceiro da asociación, Renato Núñez da Silva, no Club de Prensa. Do resultado tamén se tira que tan só o 8,9% dos enquisados opina que a Xustiza «non se retrasa, é normal que lles leve tempo».

Os resultados do estudo, que forman parte do segundo bloque da enquisa, amosan a percepción que os cidadáns teñen sobre as súas relacións coas Administración Públicas e a transparencia das institucións e a confianza que lle merecen.

Entre as preguntas practicadas, os entrevistados tiveron a oportunidade de amosar a súa percepción a respecto da igualdade de trato outorgado por parte dos xuíces aos cidadáns e á Administración, ao que máis da metade das persoas asegurou que, nun preito entre ambos, a Xustiza tende a favorecer ás entidades públicas en detrimento dos particulares. Como curiosidade, pódese destacar que esta porcentaxe increméntase no ámbito rural, onde a desconfianza de cara a actuación xudicial acada o 64,6%.

Seis de cada dez galegos e galegas consideran unha tarefa dificultosa acceder á información das Administracións Públicas, e as facilidades que atopan á hora de exercer os seus dereitos, xa que, do total de entrevistados, o 64,3% opinaron que o acceso á información presenta dificultades. Destes, o 40,7% considera que «é bastante difícil», mentres que o 23,6% opina que é «moi difícil».

O MpDC vén denunciando dende hai anos a falla de colaboración das Administracións públicas á hora de permitir ou facilitar o exercicio do dereito de acceso, un dereito fundamental recollido na Constitución española é que, en moitos casos, vese conculcado pola falla de resposta das institucións.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación